As Pontes ceo aberto

“Xente, moita e en constante movemento. Xulio Villarino veu ás Pontes un día e viu todo iso. Como se move a xente. Como sorrí. Viu como o sol caía sobre as cousas que nos rodean zarrapicándonos os ollos con mil cores e quixo gardalas para nós e para sempre. Viu todo iso e volveu. Volveu incluso voando polo ar, para amosarnos ademais que ás veces só é preciso cambiar o punto de vista para cambiar a realidade, para que vísemos como o cotián, visto desde outra perspectiva, desde outra distancia e altura, pode parecer tan radicalmente distinto que chega a ser difícil de identificar. Recolleu todo iso para que nos recoñezamos como somos, alén de imaxes estereotipadas que insisten en subliñar o obvio e acaban por contar sempre o mesmo.

Nestas imaxes que seguen, saímos nós facendo o que facemos tódolos días. Nestas imaxes saen as paisaxes que nos rodean. A luz, as cores, a ledicia e a xente aquí retratadas, son nosas. Somos nós. Por extraordinario que pareza.”

César Candelas, fragmento de Un Stradivarius nas Pontes.

 

aspontes02

 

aspontes19